Escoitar

Xabier Alonso convida a participar na Festa da Bicicleta que terá lugar o vindeiro 8 de maio dende Samil

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este luns a Festa da Bicicleta "Pedaleamos xuntos", que se celebrará o vindeiro 8 de maio, organizada por Decathlon. O concelleiro nacionalista destacou que se trata dunha "festa do deporte popular, neste caso do ciclismo", que sairá ás 9.30 horas dende a praia de Samil, chegará ao parque de Castrelos, e voltará ás 14 horas á praia de Samil.

luns, 18 abr 2011
1303139573Decabike.JPG
Xabier Alonso asegurou que esta proba "será un éxito", porque o percorrido é plano "e pode facelo calquera persoa". Neste sentido, afirmou que esta proba amosa un dos obxectivos prioritarios da Concellería de Deportes, como é "gañar adeptos para a práctica deportiva". Ademais, expresou o seu convencemento de que este evento organizado entre a concellería e Decathlon "vai ter futuro".

O director da tenda Decathlon de Vigo, Jerome Urruty, tras agradecer ao concelleiro de Deportes o seu apoio, explicou que para participar na proba o prazo de inscrición é do 25 de abril ao 7 de maio, na propia tenda ou na súa páxina web. Sinalou que no parque de Castrelos, de 11 a 12.45 horas, haberá instalados diversos obradoiros, como unha gymkana para os rapaces e rapazas máis pequenos, e un simulador de pegadas.
Descargar todas as imaxes