María Méndez comprométese a seguir colaborando coa asociación Avempo de atención ás persoas con esclerosis
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, visitou este venres a Asociación Viguesa de Esclerosis Múltiple (Avempo), á que agradeceu o seu labor coas persoas que padecen esta enfermidade. A concelleira nacionalista expresou o seu compromiso a seguir colaborando con esta entidade para que poida seguir traballando na mellora da calidade de vida dos afectados e afectadas.
"A esclerosis múltiple é unha enfermidade que afecta sobre todo a persoas xóvenes, polo que o traballo que fai Avempo é unha extraordinaria labor", destacou María Méndez. A concelleira nacionalista lembrou que o local no que está ubicado a asociación foi cedido pola anterior Xunta de Galiza e nel realizan rehabilitación e obradoiros ocupacionais. En total Avempo conta con 173 socios, entre afectados e familiares.
Descargar todas as imaxes