Escoitar

O alcalde adianta que o Concello ampliará o albergue do Berbés incorporando o baixo do edificio

Abel Caballero anunciou hoxe xoves que o convenio para a xestión do centro de inclusión social que irá emprazado no Berbés será asinado de "inmediato" a sinalou que "estamos a facer a adaptación técnica porque imos engadir o baixo ao albergue". O baixo do edificio estaba ocupado por unha oficina de Caixanova que vai deixar, e o Concello integrará este andar no proxecto, culminando nun albergue de cinco alturas.

xoves, 14 abr 2011
1302785253Imagen003.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, adiantou este xoves que o Concello vai ampliar o albergue que proxecta no Berbés incorporando o baixo do edificio.

Preguntado polos medios, o rexedor sinalou que o convenio para a xestión do centro está "maduro" para a súa sinatura, que será de "inmediato", e explicou que actualmente "estamos ampliando o albergue" facendo "a adaptación técnica porque imos engadir o baixo".

Caballero asegurou que o goberno local está "empeñado" en sacar adiante o centro de inclusión social, e por esa "vocación" vaise sumar o baixo que ocupaba unha oficina de Caixanova. Este centro será "provisional permanente", co que estará aberto 24 horas e 365 días ao ano ata que o definitivo opere.
Descargar todas as imaxes