Escoitar

Caballero salienta o "asfaltado masivo" que está a levar o Concello en 35 quilómetros de rúas "por todo o ámbito municipal"

Abel Caballero recordou que o goberno municipal está a levar adiante un "asfaltado masivo" de rúas por todo Vigo para o que está a investir tres millóns de euros. Este proceso, o "máis importante" feito nunca na cidade, iniciouse o pasado 24 de febreiro e o alcalde adiantou que prologarase dous meses ata a finalización das máis de 100 actuacións proxectadas. O obxectivo municipal é deixar a rede viaria viguesa "nas mellores condicións posibles".

mércores, 13 abr 2011
1302697963Imagen010.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou hoxe mércores o "asfaltado masivo" de rúas que está a levar a cabo o goberno que preside "por todo o ámbito municipal", sumando en total 35 quilómetros de viais.

Caballero explicou que este proceso de asfaltados de máis de 100 rúas, o "máis importante" feito nunca na historia da cidade neste aspecto, iniciouse o pasado 24 de febreiro e continúa durante dous meses en toda a cidade, tanto no centro como nos barrios e parroquias viguesas.

"Nunca nesta cidade fixérase algo semellante", asegurou o primeiro edil, quen sumou a esta iniciativa os arranxos do pavimento que inclúen todas as humanizacións así como os asfaltados realizados nestes catro anos de mandato. Segundo aseverou Caballero, o obxectivo do Concello pasa por deixar a rede viaria viguesa "nas mellores condicións posibles".
Descargar todas as imaxes