O alcalde amósase "moi satisfeito" do compromiso adquirido por Fomento ofrecendo "as datas de licitación" do AVE por Cerdedo
Abel Caballero recoñeceu este mércores ao ministro de Fomento, José Blanco, o compromiso adquirido onte en Ourense de licitar o próximo ano o traxecto de AVE que unirá directamente Vigo e a capital das Burgas por Cerdedo, unha vez estean rematados os proxectos básicos que actualmente redáctanse. O alcalde amosouse "satisfeito" da garantía dada por Fomento nun "tema moi serio" como a conexión directa de Vigo a Madrid en Alta Velocidade ferroviaria.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, amosouse hoxe mércores "moi satisfeito" do compromiso adquirido onte en Ourense polo ministro de Fomento, José Blanco, quen asegurou que o AVE directo por Cerdedo licitarase o próximo ano, cando estean rematados os proxectos básicos.
En rolda de prensa, o alcalde vigués salientou que Blanco fixe "as datas de licitación" deste traxecto, ademais de revelar que será financiado con fondos público-privados, a mesma fórmula empregada para o acceso da Alta Velocidade a Galicia.
Indicou Caballero que este "era un tema moi serio" que as declaracións de onte do titular de Fomento implican que "xa está garantido o AVE directo" de Vigo a Madrid. O alcalde reiterou a súa "satisfacción" pola que será a "maior obra de infraestrutura feita nunca na historia do sur de Galicia".
Descargar todas as imaxes