Comezan os roteiros polo Vigo mariñeiro
A Concellería de Xuventude organiza os días 14 e 28 de abril e 5 de maio diferentes roteiros polo Vigo mariñeiro, co obxectivo de dar a coñecer á mocidade a relación da cidade co mar.
Así o xoves 14 de abril, está programada unha visita guiada polo Vigo portuario "100 minutos de mar" en horario de 16.30 a 18.30 horas.
O día 28 de abril a visita será ao Museo do Mar e nela incidirase na relación de Vigo co sector da industria conserveira. O horario será de 17.00 a 19.00 horas
O 5 de maio o roteiro será a escola obradoiro Mar de Vigo para coñecer a formación que reciben os mozos e mozas que se adican a reparar embarcacións tradicionais. Ese día realizarase tamén un bautismo de mar. Horario de 9.00 a 14.00 horas.
O día 6 de maio ás 12hs sortearase na Casa da Xuventude entre todos os participantes varias prazas para unha saída "especial" para navegar nunha embarcación tradicional.
Esta actividade é gratuítas e dirixida a mozos/as de entre 15 e 35 anos.