Xesus López destaca que o Festival de Música Sacra que comeza o xoves integra 16 concertos de 19 corais viguesas
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este mércores a sexta edición do Festival Coral de Música Sacra que, do 14 ao 20 de abril, terá lugar en distintos espazos da cidade. Xesus López destacou que nestas datas próximas á Semana Santa terán lugar un total de 16 concertos interpretados por 19 corais de Vigo. A primeira das actuacións programadas será este xoves ás 19.45 horas na igrexa da Soledad no Castro, a cargo do Coro Clásico de Vigo.
"Este é un festival realmente importante na nosa programación porque conta coa participación de moita xente, tanto de corais como de persoas afeccionadas á música", afirmou o concelleiro. O nacionalista agradeceu ao presidente de Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (Acopovi), Enrique Lorenzo, o seu esforzo na organización do evento.
Enrique Lorenzo explicou que no festival as corais interpretarán temas adicados á música sacra, que debido o seu carácter específico teñen unha "dificultade engadida". Manifestou a súa confianza en que todo o público afeccionado participe nos concertos, "que terán lugar tanto no centro como nas parroquias". En resposta aos medios sinalou que na pasada edición o festival acadou unha notable afluencia de público, "o cal agradecemos enormemente porque nos dá a idea de que estamos facendo cousas que lle interesan".
Descargar todas as imaxes