Escoitar

Continúa o ciclo de charlas sobre mulleres de discurso feminista "Mulleres con historia"

O xoves 14 terá lugar unha nova conferencia do Ciclo de Charlas programado polo Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Ás 19 h. a profesora Mª Jesús Lorenzo Modia falará sobre "Mary Wollstonecraft" escritora inglesa (1759-1797) e unha das iniciadoras do pensamento feminista.

mércores, 13 abr 2011
1302695029marywollstonecraft.jpg
Mary Wollstonecraft
MARY WOLLSTONECRAFT, escritora inglesa (1759-1797) e unha das iniciadoras do pensamento feminista, foi a nai de Mary Shelley . É autora da obra Vindicación dos dereitos da muller (1792), na que condena a educación que se lles daba ás mulleres porque as facía " máis artificiais e débiles de carácter do que doutra forma poderían ter sido sido" e porque deformaba os seus valores con " nocións equivocadas da excelencia feminina ".

Mª JESÚS LORENZO MODIA, doutora e profesora de Filoloxía Inglesa da Universidade da Coruña, especialista na obra de Mary Wollstonecraft.

O ciclo de charlas forma parte das actuacións do IV Plan integral de igualdade de oportunidades de mulleres e homes do Concello de Vigo. O Centro de Recursos Feministas foi aberto hai un ano para ofrecer un servizo de xestión de información, documentación e materiais de traballo sobre muller, xénero e igualdade e atópase nas dependencias da Biblioteca Pública Central, na rúa Joaquín Yáñez 6,2º.
Descargar todas as imaxes