Tenencia e Benestar destinan 185.000 euros para potenciar os programas de prevención e atención ás drogodependencias
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, presentaron este xoves os acordos de colaboración con catro entidades que traballan no eido das drogodependencias, como son Érguete, Madro, Alborada e Médicos do Mundo, ás que se destinan un total de 180.000 euros. Os nacionalistas destacaron que pese aos recortes da achega efectuada pola Xunta para realizar estes programas, o Concello de Vigo mantivo o seu investimento e ademais logrou quintuplicar o número de usuarios e usuarias en catro anos nos programas de prevención, ao chegar a máis de 10.000 persoas neste curso 2010-2011.
Santi Domínguez afirmou que a atención ás persoas con drogodependencias foi un dos eixos de traballo da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social, mediante o reforzo do traballo do Plan Local de Drogas e outras adiccións e no apoio ás entidades que traballan neste eido. Para o nacionalista, tanto Érguete como Madro, Alborada e Médicos do Mundo cumpren os criterios que ao seu xuízo son imprescindibles para realizar esta tarefa, "cariño, acompañamento e profesionalidade", indicou.
"Pero non só é necesario traballar na atención para paliar os efectos das drogodependencias, tamén é fundamental o labor da prevención", salientou, considerando que este tamén ten sido unha prioridade para a Concellería de Benestar Social. Segundo o tenente de alcalde, que os programas de prevención organizados dende o Plan Local de Drogas cheguen no curso actual a máis de 10.000 usuarios e usuarias amosa que "os nosos compromisos demóstranse con feitos, e ogallá outras administracións tiveran esta sensibilidade neste eido".
O nacionalista criticou o descenso dos orzamentos destinados polo PP no goberno da Xunta ás entidades que traballan na área das drogodependencias e indicou que nalgúns casos os recortes chegan ao 30%. "Quero criticalo abertamente porque falan de austeridade e logo na campaña electoral virán dicindo que lles interesan as persoas con discapacidade ou con problemas de drogodependencias", denunciou. Santi Domínguez asegurou que "nós recortamos doutros sitios, pero nin un só euro nas achegas a estas entidades".
María Méndez asegurou que a atención ás áreas de drogodependencias ten sido "unha aposta da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social". Afondando nas verbas de Santi Domínguez, considerou que "lamentablemente nalgúns casos" os feitos demóstranse con cifras e que o recorte do orzamento destinado pola Xunta é do 12%, mentres que no Concello de Vigo "mantivémolo e incrementamos o número de usuarios e usuarias nos programas de prevención".
Neste sentido, a concelleira de Benestar Social especificou que no ámbito escolar, o número de persoas ás que chegaron os programas de prevención no curso 2009-2010 foi de 9.706 persoas, mentres que no 2010-2011 son xa 10.031 usuarios e usuarias, cun incremento número de accións e de persoas atendidas do 3%.
A concelleira nacionalista explicou que os convenios coas catro entidades destinaranse tanto ao desenvolvemento de programas de prevención como de atención. Respecto a Érguete sinalou que servirá para colaborar no mantemento de tres pisos, ao que se destinan 46.000 euros; a colaboración con Madro destinarase a manter un piso para mulleres e con Médicos do Mundo destinarase para impulsar o programa Cerela de redución de dano, ao que se destinan máis de 68.000 euros. María Méndez agradeceu ás entidades e ao equipo do Plan Local de Drogas e Cedro, "que puxeron todo da súa man para que o Plan funcione", salientou.
Descargar todas as imaxes