Escoitar

Santi Domínguez salienta que a Axencia da Enerxía pechou o 2010 con superávit e impulsou iniciativas de aforro enerxético

O tenente de alcalde e presidente da Fundación da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo (Faimevi), manifestou hoxe a súa satisfacción por que esta entidade pechou o balance de 2010 cun superávit de 40.000 euros, que mantén a liña positiva destes últimos anos. O nacionalista destacou ademais que Faimevi desenvolveu un amplo programa de iniciativas en materia de aforro enerxético e sostenibilidade.

xoves, 14 abr 2011
1302793576Faimevi.JPG
Santi Domínguez explicou que para acadar o obxectivo de reducir a demanda enerxética, Faimevi potenciou os proxectos que "combinan a detección de consumos innecesarios e a utilización de dispositivos que limitan a demanda para facer os mesmos requerimentos". Neste sentido menciounou as auditorías realizadas na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, da Universidade de Vigo, as lonxas do Porto de Vigo, dez supermercados da empresa Vegonsa e a piscina de Ponteareas, así como asesoramento ao Consorcio da Zona Franca, o Parque Central de Servizos do Concello de Vigo e Centro de Supercomputación de Galiza.

A colaboración con entidades públicas foi outra das liñas de actuación de Faimevi no 2010. O tenente de alcalde destacou os convenios desenvolvidos cos concellos de Tomiño, Nigrán, e Ourense, entre outros, nos que tamén se desenvolveron auditorías de alumeado público que servirán de base a súa reforma, dentro do Plan de Acción 2008-2012 da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética.

O nacionalista informou asemade de que a Axencia realizou estudos de viabilidade técnica e económica para motivar a execución de instalacións de enerxía renovable mediante módulos solares foltovoltaicos. Ao respecto destacou as instalacións levadas a cabo na Universidade de Vigo, no Concello, na Autoridade Portuaria e no Consorcio da Zona Franca. "Son especialmente relevantes os estudos de viabilidade realizados para a promoción de dúas instalacións foltovoltaicas, unha na Escola de Enxeñeiros Industriais e outra no Parque Central de Servizos do Concello", asegurou.
Descargar todas as imaxes