Caballero salienta que a humanización de Aragón dará paso a un novo "centro de Vigo"
O alcalde visitou na mañá deste xoves os traballos que se están a desenvolver na rúa, nos que se tamén inclúen tamén a zona de confluencia con Genaro de la Fuente, e na que o goberno local investirá 2 millóns de euros. O rexedor socialista avanzou que a humanización estará rematada "en semanas" e que conformará, xunto as remodeladas Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo, un novo ámbito de referencia na cidade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que a humanización vai "francamente ben", tanto nos traballos da rúa Aragón coma nos do ámbito da confluencia con Genaro de la Fuente. Precisamente neste último avanzou que se inclúen 3 fontes "que van a marcar unha diferencia notable".
O socialista falou dun investimento de 2 millóns de euros e da urbanización próxima ao medio quilómetro de rúa, o asfaltado de 7.000 metros cadrados e case que 50 metros lineais de xardineiras. Referiuse tamén o alcalde ao "catastrófico" estado do saneamento que, tal e como afirmou, "presenta un deterioro importante".
Abel Caballero incidiu en que "algunhas rúas da cidade parecían condenadas a non ser comparables co resto de Vigo" polo que esta actuación significará, xunto as rúas tamén humanizadas polo goberno local Genaro de la Fuente e Travesía de Vigo, "un centro de Vigo". "É das de mellor calidade que fixemos en Vigo", asegurou.
Descargar todas as imaxes