Escoitar

A Casa Galega da Cultura acolle mañá venres a conferencia "A arte galega na República"

Enmarcada na conmemoración da declaración da II República hai hoxe 80 anos, o Museo da Cidade "Quiñones de León" organiza mañá, 15 de abril ás 20 horas na Casa Galega da Cultura, a conferencia "A arte galega na República", a cargo do crítico Carlos L. Bernárdez. Segundo informa a Concellería de Patrimonio Histórico, para a arte galega o período republicano supuxo unha época dourada, especialmente co pulo de artistas como Laxeiro, Colmeiro, Maside e Souto, entre outros, cuxas mellores obras poden contemplarse na propia Pinacoteca, recentemente inaugurada na rúa Abeleira Menéndez.

xoves, 14 abr 2011
O poñente, Carlos L. Bernárdez, é o comisario da exposición inaugural da Pinacoteca Quiñones de León, que integra 166 obras de 83 autores da colección de arte municipal, baixo o título "O fermoso rostro do país". A entrada á conferencia é libre e de balde ata completar aforo.