10 ilustradores participan na exposicion "Soños ilustrados" na Escola de Artes e Oficios<br />
A sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo abre unha nova mostra da man dos mellores ilustradores que teñen publicado na prestixiosa editorial Kalandraka e que se pode visitar do 15 de abril ata o 10 de xuño.As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais.
Ramón Trigo, Marc Taeger, David Pintor, Pablo Otero, Óscar Villán, Federico Fernández, Alicia Suárez, Juan Rivas, Francisco Pérez Porto e Kiko Da Silva son os dez ilustradores que participan na exposición "Soños Ilustrados: Kalandraka, 12 anos de álbum galego", que se pode visitar no Espazo EMAO da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo a partir deste venres, 15 de abril, e ata o 10 de xuño. A mostra reúne -por primeira vez en Vigo- un grupo de ilustracións e traballos pertencentes a unha vintena de álbums editados por Kalandraka.
As obras abarcan unha ampla variedade de estilos e disciplinas artísticas: desde obra pictórica, ata cerámica, pasando por banda deseñada, collage ou figuras tridimensionais. Os comisarios da exposición, Federico Fernández e Miguel Vázquez, destacaron que esta mostra, aberta non só ao alumnado da Escola Municipal de Artes e Oficios, senón tamén ao público en xeral, pretende "elevar a ilustración infantil, unha modalidade que nos últimos anos acadou unha notable importancia, á categoría de ARTE en letras maiúsculas".
O artista vigués Ramón Trigo presenta unha escolma de obras realizadas para o libro "As luces que acenden e se apagan" e mais a novela gráfica "O burato do inferno", ambas editadas no selo Faktoría K, de Kalandraka. Do ilustrador suizo afincado en Galicia Marc Taeger pódense contemplar ilustracións dos álbums "Garavanciño" e "A verdadeira historia de Carapuchiña" (Premio Daniel Gil de Deseño Editorial 2005).
O coruñés David Pintor, que forma parte do dúo de humor gráfico Pinto&Chinto, asina as ilustracións do libro de relatos "Contos para nenos que dormen deseguida" (Premio Xosé Neira Vilas 2011 da Asociación Galega de Editores ao mellor libro infantil). Esta última obra foi seleccionada para participar na exposición de ilustradores da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e na Bienal de Bratislava. A título individual, tamén participa na mostra con ilustracións do caderno de viaxe titulado "Compostela".
O ourensán Pablo Otero expón ideogramas baseados no libro "Gramática da fantasía", de Gianni Rodari, e tamén unha parte das montaxes escenográficas que deron lugar ao libro "ABCdiario", no que representaba artisticamente as letras do alfabeto. Tamén ourensán, afincado na bisbarra de Compostela, Óscar Villán reúne ilustracións dos álbums "O coelliño branco" (Premio Nacional de Ilustración 1999) e "A cebra Camila".
Pola súa parte, Federico Fernández participa na mostra coas ilustracións de "Chivos chivóns" e "Onde perdeu Lúa a risa?" (Premio Nacional de Ilustración 2001 e incluido na prestixiosa selección internacional The White Ravens 2002).
Os pontevedreses Juan Rivas e Alicia Suárez contribúen con cadansúas obras a esta exposición. Juan Rivas presenta as obras elaboradas para "As fabas máxicas" e "Ire", mentres que Alicia Suárez asina a proposta estética de "A ratiña presumida", que serviu para editar un libro da colección Makakiños adaptado á linguaxe de pictogramas SPC, destinado a nenos e nenas con autismo e outras discapacidades intelectuais.
Do humorista gráfico e ilustrador Kiko Dasilva pódense ver algunhas montaxes tridimensionais elaboradas para os libros "A memoria das árbores" e "Moncho e a mancha". Tamén a base de cerámica e esmalte son as pezas de Francisco Pérez Porto que ilustran o libro-cd do grupo Na Virada para o libro "Solaina".
O Espazo EMAO abre as súas portas de martes a sábados entre as 19:00 e as 21:00 horas para compartir estes traballos artísticos. Dende o pasado mes de xaneiro, a sala de exposicións da Escola Municipal de Artes e Oficios é un lugar aberto a toda a cidadanía viguesa para a difusión da cultura e da creación, en forma de coidadas obras artesás e artísticas. A oferta expositiva do Espazo EMAO complementa a faceta académica e formativa desta Escola centenaria, na que se se imparten clases de artesanía do coiro, encaixe de palillos, moda e confección, ourivaría, pintura, debuxo, volume e modelado, escultura e talla en madeira, cerámica artística, encadernación, serigrafía, clases de construcción de zanfona, gaita e luthería antiga.
Descargar todas as imaxes