Escoitar
Administración de Tributos

Exposición pública da matrícula do Imposto de actividades económicas 2011

<br />

venres, 15 abr 2011
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm. 71 de data 12 de abril de 2011, estará en exposición pública entre os días 13 de abril ata o 5 de maio en horario de 9 a 13,30 h. na oficina de Actividades Económicas e Industriais do Concello de luns a vernes, no terminal sito na Lonxa do Concello de Luns a sábado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital, a Matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas correspondente ó ano 2011.

As e os interesados poderán consultala e, de o consideraren, interpoñer recurso de reposición ante a Axencia Estatal da Administración Tributaria de Vigo no prazo de 15 días ou ben reclamación económico-administrativa no mesmo prazo, que contara a partir do día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición, de conformidade co Real decreto 243/1995 de febreiro de 1995 polo que se ditan normas para a xestión do Imposto sobre Actividades Económicas e se regula a delegación de competencias en materia de xestión censal do dito imposto.