Escoitar

Vigo e As Palmas de Gran Canaria rubrican o seu Irmandamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo canario, Jerónimo Saavedra, asinaron hoxe venres o acordo oficial de Irmandamento das dúas urbes, en presencia de representantes dos tres grupos políticos municipais. Vigo e As Palmas están vencelladas por lazos comerciais, sociais e culturais, ademais de polas relacións pesqueiras e a Casa de Galicia presente na urbe canaria. O Irmandamento afondará nas relacións entre as cidades e no seu coñecemento mutuo.

venres, 15 abr 2011
1302871560hermanamiento.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o de Las Palmas de Gran Canaria, Jerónimo Saavedra, certificaron hoxe venres o Irmandamento das dúas urbes, vencelladas desde hai tempo por lazos comerciais, sociais, culturais e, principalmente, pesqueiros.

O texto rubricado polas partes, en presenza de representantes dos tres grupos políticos do Concello de Vigo, indica que as relacións entre os dous municipios son "estreitas, amigables e unidas polo mar", e o seu Irmandamento "levará o recoñecemento da existencia de sentimentos profundos enraizados nas xentes de Vigo e As Palmas".

"Así se pretende intensificar e profundar nas relacións entre as dúas cidades, no campo da cultura, da economía e da sociedade. Doutra banda, o Irmandamento, certamente, vai profundar no coñecemento común e facilitar a procura de solucións para problemas de ámbito municipal que preocupan aos órganos administrativos das Palmas e de Vigo", indica o acordo.

A finalidade deste acto é declarar a "vontade" das cidade dunha "máis estreita colaboración" cara a un "verdadeiro espírito de fraternidade para todo canto sexa de interese común" e "a fin de desenvolver, o respecto mutuo e a amizade entre as xentes de Vigo e As Palmas".
Descargar todas as imaxes