Caballero ofertou a "cooperación" municipal no proceso productivo da industria da automoción
O alcalde visitou este venres a empresa Marsan Transformaciones Superficiales, compañía provedora da industria da automoción viguesa e galega cunha "enorme capacidade de I+D" e varias patentes internacionais. Caballero indicou que esta firma da cidade súmase á "enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación" como vía para a saída da crise.O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a "cooperación" municipal nos seus procesos industriais como "factor de apoio" á automoción viguesa e galega.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ofreceu este venres á empresa Marsan Transformaciones Superficiales a "cooperación" municipal nos seus procesos industriais como "factor de apoio" á automoción viguesa e galega.
Caballero subliñou que a compañía produce pezas como soportes para motores ou carrocerías e salientou o seu manexo do aluminio. Marsan emprega a 50 traballadores, cifra que ascende aos 70 en momentos de alta carga de traballo.
O alcalde vigués puxo de relevancia unha "característica moi notable" da firma, a súa "enorme capacidade de I+D" que ten o seu reflexo nas patentes internacionais que ten rexistradas, convertíndose nun "factor de apoio" á industria de automoción.
Abel Caballero explicou que Marsan ten unha "moi fluida relación co Ministerio de Ciencia e Innovación" tanto para os apoios ás patentes como para os seus procesos de I+D+i. O primeiro edil felicitou á entidade, que ven sumarse á "enorme capacidade do territorio de xerar eficiencia, productividade e innovación", rasgo que cobra especial relevancia ante a crise actual e que Vigo debe por en valor.
Descargar todas as imaxes