Escoitar
Administración de Tributos

Exposición pública do padrón do Imposto de vehículos de tracción mecánica 2011

<br /> <br />

venres, 15 abr 2011
Segundo a publicación no Boletín Oficial da Provincia núm.71 de data 12 de abril de 2011, estará en exposición pública dende o 13 de abril ata o 27 abril o padrón do Imposto sobre vehículos de tracciòn mecánica do 2011.

Lugar: Na oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello de luns a vernes, no terminal sita na Lonxa do Concello de luns a sabado e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador, DNI electrónico ou certificado dixital.

As persoas interesadas poderán consultar o dito padrón e interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o órgano que aproba este acto, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao de finalización do período voluntario de pago ou ben directamente recurso ante o Tribunal Económico Administrativo do Concello de Vigo, no mesmo prazo, segundo consta nos art. 222 e 223 da Lei 58/2003 xeral tributaria e art.137 da Lei 7/1985 das bases de réxime local.