Escoitar

Comezan os obradoiros do Entroido en tres Centros Cívicos municipais

Os centros de Teis, Coruxo e Saiáns -dependentes da Concellería de Participación Cidadá que dirixe o socialista Santos Héctor- comezaron na mañá deste luns os obradoiros para nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. Os talleres celebraranse os días 7, 8 e 9 de marzo, en horario de 09:45 a 12:45 horas. Ademais na tarde do martes de Entroido terá lugar, a partires das 18:00 horas, unha gran festa de disfraces con concurso.

luns, 7 mar 2011
Un ano máis a Alcaldía segue a apostar pola conciliación da vida familiar e laboral ofertando 60 prazas para que os pequenos realicen actividades nestes días de festa. Os interesados poden anotarse en calquera dos centros cívicos municipais coma son o Centro Cívico de Teis, Saiáns, Casco Vello e Coruxo.