Escoitar

Caballero asegura que "estamos en disposición de garantir" que o novo centro de Aspanaex axustarase á legalidade urbanística

O alcalde de Vigo reuníuse este venres cos responsables de Aspanaex para transmitirlles que o goberno local está "en disposición de garantir" que o novo centro que a entidade quere construir se axusta á legalidade urbanística vixente. O alcalde amosou a súa "satisfacción" por "facer as cousas na legalidade" e pola "gran dimensión social" desta obra, que ten "todo o apoio" do Concello.

venres, 4 mar 2011
1299246653aspanaex.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou este venres que "estamos en disposición de garantirlles que se pode facer" o novo centro de Aspanaex na cidade, e polo tanto axustarase á legalidade urbanística vixente.

Tras unha reunión cos responsables da entidade, Caballero explicou que a cita tiña como obxectivo "transmitirlles o avance que estamos a facer na modificación urbanística para permitirlles desenvolver o seu centro", que hoxe está "saturado". "Estamos iniciando unha reforma" para posibilitar o seu proxecto na mesma área onde atópase o actual, "e cumprindo con todos os requisitos urbanísticos" para ampliar a súa sede.

"Estamos en disposición de garantirlles que se pode facer" e por tanto teñen luz verde para "que empecen coa búsqueda de financiamento para a construcción dun novo edificio". Abel Caballero amosou a súa "satisfacción" por "facer as cousas na legalidade" e pola "gran dimensión social" desta obra, que ten "todo o apoio" do Concello.
Descargar todas as imaxes