Escoitar

O teatro infantil do programa "Vigo a escena" continúa o domingo no Auditorio Municipal coa obra "Cinderela mix"

O Auditorio Municipal acollerá o domingo, 6 de marzo, a obra para público familiar "Cinderela mix", que interpretará Artello Teatro ás 12 e ás 18 horas. A representación enmárcase dentro do programa "Vigo a escena" que organiza a Concellería de Cultura e o prezo das entradas é de 3 euros para os nenos e nenas ata 12 anos e 5 euros para os maiores. Pódense adquirir na web www.laboleteria.es ou na taquilla unha hora antes do comezo da actuación.

venres, 4 mar 2011
A obra "Cinderela mix" é unha versión que fusiona tres olladas sobre a Cincenta, o conto máis versionado da historia da humanidade. Trátase das olladas de tres personaxes que converxen accidentalmente, que a partir dos pequenos conflitos da súa vida cotiá vense engaiolados por unha historia que lles leva a xogar, a mesturar e a compartir. Son tres olladas humildes, cheas de ilusión, de poesía, de cor, de música e de humor.