Escoitar

O alcalde garante a colaboración municipal para a consolidación dos empregos e do proxecto da multinacional da automoción Borgwarner en Vigo

Abel Caballero visitou este xoves a multinacional Borgwarner, unha "industria de altísima tecnoloxía" que emprega en Vigo a medio millar de persoas. O rexedor garantiu a cooperación municipal para dar respostas as necesidades da empresa, que plantexa un "proxecto de consolidación e asentamento con desenvolvemento de produtividade aquí", o que suporía incluso incrementar o número de postos de traballo.

xoves, 3 mar 2011
1299160472borgwarner.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, garantiu este xoves "toda a nosa vontade de adaptar os requerimentos deste espazo ás necesidades da empresa" Borgwarner, para consolidar os 500 empregos e asentar os plans de futuro da multinacional en Vigo.

Caballero eloxiou que compañías como Borgwarner, dedicada a sistemas de emisión da automoción cunha "industria de altísima tecnoloxía mundial", presenta unha "enorme gama de producción para automóbiles fabricados en todo o mundo", e posibilita que Vigo teña "capacidade de competir" en tecnoloxía "cos mellores do mundo".

"Tomaremos todas as decisións necesarias", apuntou Abel Caballero sobre a consolidación dos empregos e o proxecto empresarial, que precisa de ampliar as súas instalacións en Zamáns. Esta é unha "oportunidade" de consolidar e "poder incrementar nun número relevante" os empregos da factoría en Vigo, ademáis da cualidade tecnoloxía, o que "é vital e fundamental para esta cidade".

O obxetivo do Concello de Vigo, aseverou o alcalde, é estar "a disposción do crecemento económico, da inversión productiva, da xeración de emprego e da saída da crise con proxectos de alcance mundial como é o de Borgwarner". Caballero felicitou á empresa e aos traballadores.
Descargar todas as imaxes