Escoitar

Santi Domínguez asegura que Lavadores será unha das zonas deportivas máis importante de Vigo coas novas instalacións

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron esta mañá a Asociación Veciñal de Lavadores, co obxectivo de comprobar a remodelación da súa pista polideportiva. Tras o percorrido polas instalacións, Santi Domínguez afirmou que Lavadores "vaise converter nunha das zonas deportivas máis importante da cidade" tras a posta en funcionamento do complexo de auga de Barreiro, a apertura proximamente da nova zona deportiva aberto e a reforma da pista da asociación, que contou cun investimento de 100.000 euros.

mércores, 2 mar 2011
1299073064Lavadores.JPG
"A Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes, neste mandato, apostamos claramente polo deporte, pero non só pola construción de grandes infraestruturas, senón tamén polo adecentamento das instalacións dos barrios", salientou o nacionalista. Neste sentido, mencionou o polideportivo de Navia, o de Candeán e os complexos de auga de Florida e Barreiro, pero tamén fixo referencia ao traballo que se fixo na pista da Asociación de Lavadores. Destacou que "era simplemente de cemento e estaba moi deteriorada, pero agora xa permite practicar tenis, balonmán, baloncesto e fútbol sala".

Santi Domínguez asegurou que Lavadores era un dos barrios esquecidos de Vigo, polo que xustificou que nesta lexislatura se fixese "o maior investimentos dos últimos 15 anos". Confirmou que a Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Deportes "seguirán apostando polo barrio", dado o gran incremento de poboación, especialmente de xente nova.
Descargar todas as imaxes