mércores, 2 mar 2011
Abel Caballero quixo este mércores ensalzar a figura de Enrique Curiel, recentemente falecido, como "gran vigués" que "traballou pola cidade durante moitos anos" dunha "vida de servizo ao público". O alcalde vigués transmitiu aos familiares e achegados de Curiel "o pesar da cidade de Vigo polo falecemento" e asegurou que hoxe é un "día triste" para a urbe.
mércores, 2 mar 2011
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, visitaron esta mañá a Asociación Veciñal de Lavadores, co obxectivo de comprobar a remodelación da súa pista polideportiva. Tras o percorrido polas instalacións, Santi Domínguez afirmou que Lavadores "vaise converter nunha das zonas deportivas máis importante da cidade" tras a posta en funcionamento do complexo de auga de Barreiro, a apertura proximamente da nova zona deportiva aberto e a reforma da pista da asociación, que contou cun investimento de 100.000 euros.
mércores, 2 mar 2011
Abel Caballero asistiu este mércores a un dos ensaios que teñen lugar no primeiro soto do edificio municipal da Praza do Rei, onde atópase a Escola Municipal de Danza. A EMD está profundamente marcada pola tradición popular galega, e centra a súa actividade no ensino da danza e percusión tradicional, así como na difusión da cultura galega.
mércores, 2 mar 2011
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, fixo este mércores balance do programa Sereos, de atención ás persoas en risco de exclusión social de cara a súa integración, correspondente ao ano 2010. A concelleira salientou que este programa atendeu a 1.176 persoas ao longo do ano pasado cun orzamento de 100.000 euros, "catro veces máis que no 2007", cando tiña un orzamento de 24.000 euros. A nacionalista destacou tamén que o número de asistencias diarias chega na actualidade ás 300, o triplo que no 2007.
mércores, 2 mar 2011
O Auditorio Municipal acolle mañá, 3 de marzo ás 20.30 horas, o concerto de Najwa Nimri, no que presentará o seu último traballo discográfico "El último primate". O prezo das entradas para esta actuación, integrada na programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura, é de 10 euros e pódense mercar na web www.laboleteria.es ou na propia taquilla unha hora antes do comezo das actuacións.