Escoitar

O alcalde avanza que 18 novos vehículos estarán a disposición da Policía Local a "mediados ou finais de abril"

Abel Caballero cifrou en 984.000 euros o investimento municipal nesta nova dotación de seguridade cidadá, a razón de 246.000 euros por ano, que estarán operativos "a mediados ou finais de abril". Trátase de 14 vehículos de patrulla, dous furgóns e dous todo terreo, que serán adquiridos polo sistema de renting, que ofrece facilidades para o servizo. O goberno local adxudicouno provisionalmente este luns.

luns, 7 mar 2011
1299505666vehiculospolicia.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns que os 18 novos vehículos adquiridos polo Concello mediante o sistema de renting estarán operativos "a mediados ou finais de abril".

A Xunta de Goberno Local deu hoxe luz verde á adxudicación provisional da contratación vía renting de 14 coches patrulla, dous furgóns e dous todo terreo, que suman un investimento municipal de 984.000 euros a razón de 246.000 euros por ano de servizo.

Trátase da primeira ocasión na que un goberno de Vigo opta polo renting para adquirir vehiculos policiais, un sistema defendido polo alcalde como o "desexable" pois ofrece facilidades operativas e evita dificultades relativas ás reparacións dos coches.

"Cumprimos todos os nosos obxectivos en torno á Policía Local", aseverou Abel Caballero, quen apuntou a excepción de reubicar a sede do corpo municipal, pois a Xunta de Galicia non aceptou ceder o edificio coñecido como A Gota de Leite de xeito provisional para a Policía Local, pese a levar anos pechado.

O alcalde indicou que "estamos moi orgullosos" de ter renovado o material, uniformes, motocicletas e coches policiais, además de crear unha galería de tiro e subir a categoría profesional dos axentes.
Descargar todas as imaxes