venres, 11 mar 2011
O alcalde saudou hoxe venres a publicación no Boletín Oficial do Estado da licitación por parte do Ministerio de Fomento para a contratación do acondicionamento da pista de aterrizaxe de Peinador -que será adaptada á normativa de máxima calidade- por valor de 11 millóns de euros, un "aluvión de inversións" no aeroporto ao que "xa lle perdimos a conta". Caballero ensalzou o orzamento, equiparable á construción de 15 quilómetros de autovías.
venres, 11 mar 2011
O tenente de alcalde e presidente da Axencia Municipal da Enerxía, Santi Domínguez, anunciou este venres que 16 edificios públicos do Concello e a Universidade de Vigo, entre os que se atopan museos e instalacións deportivas, participarán no proxecto europeo Life Green City para potenciar o uso eficiente da enerxía. O nacionalista destacou que esta iniciativa ten o obxectivo "moi claro" de acadar un 20% de aforro no consumo enerxético e a redución do 10% nas emisións contaminantes.
venres, 11 mar 2011
A Orquestra Xovigo, impulsada pola Tenencia de Alcaldía, a Concellería de Cultura e a Asociación Galega da Música para potenciar aos novos valores musicais vigueses, comezará este fin de semana a súa andaina coa estrea mundial da obra "Adagio para Orquestra", do compositor galego Fernando Buide. Os concertos terán lugar mañá e o domingo, ás 20.30 horas, no Auditorio Martín Codax do Conservatorio Superior de Música de Vigo. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
venres, 11 mar 2011
Tras a boa acollida de público na primeira xornada, o Instituto Feiral de Vigo volve acoller este domingo a actuación de cinco corais polifónicas dentro do Festival de Habaneras Cidade de Vigo, organizado pola Asociación de Corais Polifónicas de Vigo (ACOPOVI) e a Alcaldía de Vigo. O domingo 13 marzo está programada a presenza das corais da AACC Agarimo, SCD Nautilius de Comesaña, Perla do Atlántico de Alcabre, Alborada de Cabral e María Auxiliadora.
venres, 11 mar 2011
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á regatista viguesa Laura Llópiz, que o pasado venres recolleu en Madrid unha placa na gala de entrega dos Premios Nacionais de Vela. O nacionalista felicitouna polos éxitos acadados e o recoñecemento federativo, animándoa tamén a seguir compaxinando a competición cos estudos no INEF.
venres, 11 mar 2011
O domingo 13 celebrarase na praza 8 de marzo varios actos conmemorativos do Día Internacional da Muller. De xeito ininterrompido de 11:30 a 20:30 horas desenvolverase unha completa programación que persegue a participación activa das persoas que asistan. O público poderá contribuír, coas súas mensaxes, á elaboración dun mural e colaborar na lectura de textos seleccionados relativos á situación da muller. Ademais, dende ás 12 horas haberá obradoiros infantís, que incluirán contacontos, xogos creativos e reparto de agasallos.<br />
<br />
venres, 11 mar 2011
Na Casa Galega da Cultura preséntase esta exposición, promovida pola Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello Vigo e coordinada por Patricia González Iglesias, responsabel do taller de confección da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello Vigo.
venres, 11 mar 2011
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 14 DE MARZO DE 2011.