Xabier Alonso felicita a Laura Llópiz, campioa do Mundo co Náutico, polo seu recoñecemento nos Premios Nacionais de Vela
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á regatista viguesa Laura Llópiz, que o pasado venres recolleu en Madrid unha placa na gala de entrega dos Premios Nacionais de Vela. O nacionalista felicitouna polos éxitos acadados e o recoñecemento federativo, animándoa tamén a seguir compaxinando a competición cos estudos no INEF.
Llópiz conquistou o Campionato do Mundo de vaurien en 2010 na localidade eslovaca de Liptovska Mara, onde competiu xunto coa súa curmá Lucía Llópiz. A tripulación do Náutico de Vigo rematou undécima da xeneral absoluta (participaban á vez todas as categorías masculinas e femininas) e logrou o título mundial feminino e o subcampeonato do mundo xuvenil.
O concelleiro nacionalista valorou que "a vela deu grandes deportistas a esta cidade" e explicou á viguesa que a Concellería de Deportes descansa na Fundación VIDE as bolsas a deportistas individuais.
Laura Llópiz competirá en Semana Santa en Canarias, no Campionato de España de 420. O edil fixo entrega á mundialista dun obsequio institucional (un libro sobre Vigo) e desexoulle "moita sorte para os vindeiros eventos".
Descargar todas as imaxes