Escoitar
Mobilidade, Seguridade e Transportes

Peche ao tráfico da rúa Tomás Alonso

venres, 11 mar 2011
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de asfaltado, a realizar pola empresa UTE Movexvial Crespo, estará pechada ao tráfico a rúa Tomás Alonso, treito entre Paz e Praza e Fadrique, con acceso exclusivo para garaxes, dende o sábado 12 de marzo de 2011 ás 08.00 horas e por un período aproximado dun día.
Solicítase a máxima colaboración cidadá.