Caballero di que a licitación por 11 millóns do acondicionamento da pista abunda na "cascada de inversións continuas no aeroporto de Vigo"
O alcalde saudou hoxe venres a publicación no Boletín Oficial do Estado da licitación por parte do Ministerio de Fomento para a contratación do acondicionamento da pista de aterrizaxe de Peinador -que será adaptada á normativa de máxima calidade- por valor de 11 millóns de euros, un "aluvión de inversións" no aeroporto ao que "xa lle perdimos a conta". Caballero ensalzou o orzamento, equiparable á construción de 15 quilómetros de autovías.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saudou que o BOE publique hoxe venres a licitación da contratación do acondicionamento da pista de aterrizaxe de Peinador á normativa de máxima calidade esixida, cun orzamento de 11 millóns de euros.
Esta nova partida económica do Ministerio de Fomento para a cidade abunda na "cascada de inversións con¡tinuas no aeroporto de Vigo", apreciou Abel Caballero, un "aluvión de inversións" na terminal olívica ao que "xa lle perdimos a conta".
O alcalde vigués quixo manifestar a relevancia deste novo investimento da mellorar a pista de Peinador, 11 millóns de euros que o socialista equiparou á construción de 15 quilómetros de autovías. "Hai que por en valor o que o ministro de Fomento -o lucense José Blanco- está a facer nesta cidade", concluíu Caballero.
Descargar todas as imaxes