mércores, 9 marzo 2011

O alcalde anuncia un convenio con Emaús para a reforma e xestión do albergue municipal do Berbés

Abel Caballero mantivo unha reunión este mércores coa Rede Social Galicia Sur para abordar conxuntamente o novo albergue que o goberno local proxecta na antiga Escola de Hostelería. O alcalde avanzou a sinatura dun convenio con Emaús para a xestión do mesmo -en semanas estará o borrador- e unha comisión de seguemento coa Rede Social Galicia Sur sobre o albergue. Esta dotación estará aberta desde o verán indefinidamente ata que Vigo conte cunha ubicación definitiva.

Caballero indica que as rotondas de Aragón con Genaro de la Fuente manterán a súa provisionalidade dúas semanas

mércores, 9 mar 2011

O alcalde de Vigo visitou este mércores a nova regulación de tráfico no cruce de Aragón, Genaro de la Fuente e a Avenida do Aeroporto, onde o Concello dispuxo provisionalmente un sistema de dobre rotonda, que será definitivo se confírmase a súa eficacia durante as dúas semanas que estará en probas. Esta mellora coincide cos traballos municipais de humanización da Avenida de Aragón -por valor de dous millóns de euros-.

Santi Domínguez di que o Centro de Servizos Socias do Casco Vello é exemplo da mellora na atención á cidadanía

mércores, 9 mar 2011

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, e a concelleira de Benestar Social, María Méndez, inauguraron este mércores o remodelado Centro Municipal de Servizos Sociais do Casco Vello, ubicado na praza da Princesa. Segundo o nacionalista, a reforma feita neste centro amosa o compromiso da Tenencia de Alcaldía e a Concellería de Benestar Social na atención ás persoas e a mellora da calidade asistencial.

Urbanismo aproba mañá xoves as bases para solicitar un dos 35 pisos municipais en aluguer de Navia

mércores, 9 mar 2011

O alcalde, Abel Caballero, avanzou este mércores que Urbanismo dará mañá luz verde ás bases que regularán a saída en aluguer de 35 pisos municipais en Navia, con prezos entre 116 e 166 euros. A inscripción estará aberta 45 días desde a publicación da resolución no BOP. O goberno local destinará 7 para situacións de emerxencia social -xestionados pola Concellería de Benestar Social-, 6 para persoas de mobilidade reducida, 13 para persoas con ingresos inferiores ao 1,5 do valor do IPREM e as 9 restantes para vigueses cunha renda entre o 1,5 e o 2,5 do devandito índice.

O Concello cooperará coa organización da VII Semana Matemática de Vigo

mércores, 9 mar 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reuníuse este mércores dos organizadores do evento, a quenes ofreceu "cobertura" para a celebración desta sétima edición, xa que este ano teñen "maiores dificultades do habitual para o orzamento" porque Novacaixagalicia da unha achega "menor" que a ofrecida por Caixanova. "Ofrecimos dar cobertura porque parécenos interesante que a cidade siga tendo esta Semana Matemática", asegurou.