Escoitar

O alcalde anuncia un convenio con Emaús para a reforma e xestión do albergue municipal do Berbés

Abel Caballero mantivo unha reunión este mércores coa Rede Social Galicia Sur para abordar conxuntamente o novo albergue que o goberno local proxecta na antiga Escola de Hostelería. O alcalde avanzou a sinatura dun convenio con Emaús para a xestión do mesmo -en semanas estará o borrador- e unha comisión de seguemento coa Rede Social Galicia Sur sobre o albergue. Esta dotación estará aberta desde o verán indefinidamente ata que Vigo conte cunha ubicación definitiva.

mércores, 9 mar 2011
1299677512albergue.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este mércores que Emaús farase cargo da reforma e xestión do albergue que o goberno local habilitará no Berbés, no edificio da antiga Escola de Hostelería.

Tras unha reunión coa Rede Social Galicia Sur, Caballero indicou que a nova dotación social estará no verán e será "provisional pero permanente", é dicir, que estará aberta todos os días do ano as 24 horas ata atopar a ubicación definitiva.

O alcalde precisou que en dúas semanas estará elaborado o borrador de convenio e eloxiou a Emaús -que está a avaliar o custe de explotación- como entidade "recoñecida e de experiencia en toda España e Vigo" e indicou que "agrádanos que sexan organizacións sen ánimo de lucro as que se encarguen do funcionamento e da xestión" do albergue.

Ao tempo, o goberno local continúa coa búsqueda dunha ubicación para a sede definitiva. Caballero confirmou contactos co Ministerio de Interior pero "nin confirmo nin desminto" que o lugar sexa a antiga cárcere.
Descargar todas as imaxes