Escoitar

O alcalde afirma que a axuda do Ministerio de Industria á automoción "ten en conta as necesidades desta cidade"

O Ministerio de Industria fixo pública onte luns as asignacións de axudas á automoción en España, e o grupo PSA Peugeot Citroën é o máis favorecido ao recibir máis de 35 millóns de euros, "a maior asignación desde o Ministerio de Industria", indicou o alcalde, que reserva "a parte máis importante" para o coche eléctrico, que a factoría de Balaídos fabricará no futuro. "Cremos que a aportación ten en conta as necesidades desta factoría, do automóbil eléctrico e desta cidade", asegurou Caballero.

martes, 8 mar 2011
1299592543Imagen006.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, valorou positivamente as asignacións económicas do Ministerio de Industria para Vigo e o grupo PSA Peugeot Citroën, que recibiu máis de 35 millóns de euros, "o grupo que recibe unha maior asignación d axudas".

O socialista recordou que, nas dúas convocatorias anteriores de axudas, o grupo PSA foi o máis beneficiado, como acontece tamén desta volta. Caballero salientou que "a parte máis importante" destas achegas vai dirixida ao vehículo eléctrico, que a planta de Balaídos ensamblará próximamente.

"En termos de investimento proposto", explicou Caballero, Galicia recibe o 17% das subvencións do Goberno de España ao efecto, cando outras comunidades con maior asignación neta suman un 8%. O alcalde concluíu que "cremos que a aportación ten en conta as necesidades desta factoría, do automóbil eléctrico e desta cidade".
Descargar todas as imaxes