Comezan as primeiras xornadas formativas de Educadores en Vigozoo
O Departamento de Educación de VigoZoo, dependente da Concellería de Medioambiente, porá en marcha estas xornadas que se desenvolverán do 8 ao 11 de marzo para formar a futuros educadores. A actividades terá lugar en horario de 9 a 14 horas nas instalacións do zoolóxico vigués.
As xornadas son gratuítas e consisten nun conxunto de charlas e actividades prácticas impartidas polo propio persoal, destinadas a dar a coñecer as instalacións, a colección zoolóxica, o traballo diario e as actuacións educativas levadas a cabo en VigoZoo, xunto coas nocións básicas en técnicas de educación, interpretación ambiental e primeiros auxilios.
O obxectivo destas xornadas é a de formar aos participantes para que poidan levar a cabo, nun futuro, as actividades educativas desenvolvidas no parque minimizando o tempo de formación necesario e proporcionando as ferramentas de traballo básicas, de cara á vindeira convocatoria de bolsas de educadores do Departamento de Educación de VigoZoo.