Caballero presenciou o partido que enfrontou ao Alcorcón co Real Club Celta
O alcalde de Vigo viaxou onte domingo á localidade madrileña para seguir o encontro entre o Alcorcón e o Real Club Celta, onde estivo acompañado do Presidente da entidade deportiva, entre outras autoridades. O Concello axudou aos aficionados celestes a desprazarse ata Alcorcón poñendo varios autocares gratuitos a disposición dos siareiros do club celeste.