Xesus López anuncia que o Festival Alternativo comezará o xoves cun programa dedicado ás novas creadoras galegas
O concelleiro de Cultura, Xesus López, presentou este luns o programa do décimo Festival Alternativo de Artes Escénicas de Vigo, que se desenvolverá do 10 ao 20 de marzo en distintos espazos culturais da cidade. O concelleiro nacionalista destacou que co motivo do Día Internacional da Muller e en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo, a primeira xornada estará especialmente dedicada ás novas creadoras galegas cunha actuación no Marco ás 20 horas e outra no Auditorio Municipal ás 21.30 horas.
Xesus López destacou que o Alt' 11 comeza "o programa especial" da programación estable de artes escénicas da Concellería de Cultura. Afirmou que nesta edición o festival incorpora un espazo remodelado, como é o Auditorio Municipal. Neste sentido, a directora do festival, Lola Correa, sinalou que nos días que dure o programa o vestíbulo do auditorio terá a instalación "A medusa parlante", de Marco Canevacci.
O concelleiro de Cultura felicitou á organización do festival polo seu décimo aniversario e por seguir traendo a Vigo o mellor das artes escénicas alternativas, así como á Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e Caja Madrid, colaboradores nesta edición do proxecto. Lola Correa explicou que dez directores representantes de dez festivais de ámbito estatal e internacional foron os encargados de estruturar o programa do Alt'11. "Conta con miradas de diferentes lugares, como Valencia, Euskadi e Portugal", indicou. Tamén comentou que nos tempos de crise como os actuais, a coherencia da proposta "ten que ir por un festival que non bote cohetes, polo quixemos facer algo austero".
O xoves, 10 de marzo, ás 20 horas, o Marco acollerá a representación "My own life", a cargo de Nut Teatro. Ás 21.30 horas, no Auditorio Municipal, Nuria Sotelo interpretará "Métanse nos seus asuntos". O venres, 11 de marzo, ás 20 horas no Marco celebrarase a charla "Sonocromatismo’", sobre o traballo que desenvolverán o día 12 Neil Harbison e Mon Ribas (Cataluña). Ás 21.30, no Auditorio Municipal terá lugar o espectáculo de danza Rip, de Francisco Camacho (Portugal). O sábado 12 de marzo, ás 20 horas, no Marco terá lugar o espectáculo de danza e teatro experimental "El sonido del naranjo", con Neil Harbison e Mon Ribas (Cataluña). O
Auditorio Municipal acolléra ás 21.30 horas o espectáculo de danza Out, coa compañía de Euskadi Flakos danza. O domingo, 13 de marzo, ás 18 horas, a compañía italiana Ambra Senatore interpretará a obra de danza- teatro "Passo-duo, EDA-solo", no Auditorio Municipal.
O xoves 17 de marzo, continuará o festival dende ás 19 horas no Marco, con dous pases da instalación "Biblioteca de cuerdas y nudos", a cargo de José Antonio Portillo (Valencia). Ás 21.30 horas a compañía madrileña Mimán Teatro representará no Auditorio Municipal a comedia "Y así pasan los días". O venres 18 de marzo, ás 19 horas, na praza da Constitución terá lugar a performance "El cielo", a cargo de Los Torreznos (Madrid). Á mesma hora, dende ás 19, o Marco volverá a acoller dous pases da instalación "Biblioteca de cuerdas y nudos". Ás 21.30 horas, no Auditorio Municipal o galego Javier Martín interpretará a obra "O estado crudo". O sábado, 19 de marzo, ás 20 horas, a compañía Los Torreznos interpretará a performance "El desierto". Ás 21.30 horas, Macarena Recuerda levará a performance "That’s the story of my lifeno" ao Auditorio Municipal. O domingo 20 de marzo, o Auditorio Municipal acollerá o último espectáculo do Alt'11 ás 19 horas, coa obra "Hamlet", da compañía Kaputt (Madrid).
Descargar todas as imaxes