O Concello incluirá os instrumentos na tradicional cooperación coas bandas de música de Vigo
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación de Bandas de Música da cidade, Enrique Lorenzo, rubricaron hoxe luns a reedición do tradicional apoio municipal ao colectivo, que este ano ampliarase para axudar aos grupos a adquirir instrumentos que non poden adquirir cos seus propios recursos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente da Federación olívica de Bandas de Música, Enrique Lorenzo, reeditaron hoxe luns o tradicional acordo de colaboración entre as partes, que este ano incluirá o apoio municipal á adquisición de instrumentos.
Segundo apuntou Caballero en declaracións aos medios, o obxectivo do goberno local é posibilitar que as bandas poidan contar cos instrumentos musicais que eles non poden adquirir cos seus propios recursos, e continuar así co "apoio" que o consistorio vigués ven ofrecendo estes anos ao colectivo.
Tras o encontro, no que participaron tamén distintos directores das formacións, o alcalde de Vigo salientou o "papel" que xogan as bandas de música no panorama cultural e de ocio da cidade, e apuntou que o Concello ten pendente a inauguración da Escola de Música de Beade unha vez remataron as obras e tamén ten iniciado os traballos de mellora na Escola de Música de Bembrive.
Descargar todas as imaxes