Escoitar

Caballero indica que as rotondas de Aragón con Genaro de la Fuente manterán a súa provisionalidade dúas semanas

O alcalde de Vigo visitou este mércores a nova regulación de tráfico no cruce de Aragón, Genaro de la Fuente e a Avenida do Aeroporto, onde o Concello dispuxo provisionalmente un sistema de dobre rotonda, que será definitivo se confírmase a súa eficacia durante as dúas semanas que estará en probas. Esta mellora coincide cos traballos municipais de humanización da Avenida de Aragón -por valor de dous millóns de euros-.

mércores, 9 mar 2011
1299677480rotonda.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, indicou hoxe mércores que o Concello avaliará durante dúas semanas o sistema provisional de dobre rotonda instalado no cruce das avenidas de Aragón, Genaro de la Fuente e Aeroporto, que pasará a ser definitivo se o tráfico funciona.

Abel Caballero explicou a decisión tomada pola "confluencia tan complexa de tráfico" da zona, que facía convinte a regulación. Durante un prazo estimado de dúas semanas, o dispositivo funcionará provisionalmente aínda que "cremos que vai resultar ben", afirmou o rexedor, e a rotonda será definitiva e ornamentada cunha fonte, segundo avanzou.

Esta regulación viaria coincide coa humanización da Avenida de Aragón, que estaba en situación "difícil". O primeiro tramo suma dous millóns de euros, convertíndose no "tramo singular de custe máis elevado que se licitou na cidade". Caballero apuntou a principios de maio como data de finalización dos traballos, para continuar posteriormente coa segunda fase.

O alcalde de Vigo concluíu que "seguimos no proceso de avance das humanizcións, da racionalización do tráfico e dunha maior seguridade" viaria.

Coche eléctrico
Esta foi a primeira saída desta xornada na que o alcalde desprazouse no coche eléctrico -un Peugeot iOn, ata que chegue un Citroën- que presentou onte para visitas na cidade. Caballero o definíu como un vehículo "cómodo, que ocupa pouco espazo e non é ruidoso", que "é perfecto", polo que recomenda aos cargos públicos que "comecemos a pensar nos coches eléctricos".

O primeiro edil destacou que non contamina e presenta baixo consumo. Aproximadamente gasta un euro por cen quilómetros, segundo estimou. O vehículo cargouse esta noite nun enchufe normal e ten unha autonomía aproximada de 120 quilómetros.
Descargar todas as imaxes