Abel Caballero agradece a "enorme cooperación dos veciños" na humanización de Cesáreo Vázquez, cun investimento de 900.000 euros
O alcalde de Vigo acudíu hoxe xoves á inauguración da rúa Cesáreo Vázquez, con "máis de quilómetro e medio" de lonxitude e case 900.000 euros de investimento municipal. Caballero agradeceu aos veciños a súa "enorme cooperación" ao ceder terreo para ampliar o vial e construir beirarrúas, e subliñou a mellora que supuxo esta reforma na seguridade para peóns e vehículos.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este xoves a humanzación de Cesáreo Vázquez, en San Miguel de Oia, agradecendo a "enorme cooperación dos veciños" ao ceder terreos para ampliar o vial e contruir as beirarrúas.
Abel Caballero afirmou que San Miguel de Oia é "unha das parroquias fermosas e ilustres da cidade", e a actuación nesta rúa sumou preto de 900.000 euros de orzamento para "máis de quilómetro e medio" de lonxitude. A humanización -indicou- tiña "grandes dificultades" por ser unha rúa estreita, en estado "lamentable" e con perigosidade viaria.
A humanización municipal ampliou o vial -grazas á cesión de terreos privados- construíu beirarrúas, renovou os servizos soterrados e mellorou a seguridade coa instalación de pasos resaltados e nova iluminación.
O alcalde vigués agradeceu á veciñanza, e en particular á Asociación de Veciños, a súa colaboración, e salientou a mellora na zona do cruceiro, "un dous puntos de encontro" da parroquia: "quen o vía e quen o ve", asegurou Caballero.
Finalmente, e tras as humanizacións realizadas polo municipio, o rexedor vigués fixo un chamamento á cidadanía para que "cooperen con nós" para "coidalo e mantelo limpo", e ter entre todos "este Vigo tan fermoso".
Descargar todas as imaxes