Escoitar

O Concello de Vigo sumarase á Marcha Mundial pola Paz con distintas actividades

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia presentouse este xoves en Vigo coa presenza de distintos membros da Corporación municipal e distintas personalidades da sociedad viguesa, onde o edil de Participación Cidadá, Santos Héctor, afirmou que o Concello porá os medios precisos para a organización e difusión do evento.<br />

xoves, 2 abr 2009
1238677956marcha1.jpg
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, asegurou este xoves a participación do Concello de Vigo nas distintas actividades da Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia, que iniciarase o próximo 2 de outubro en Nova Zelanda.

A presentación de hoxe xoves contou coa presenza de distintos membros da Corporación Municipal de Vigo, representado a todos os grupos políticos, e diversas personalidades do mundo da cultura, o deporte e a música. O edil expresou que o Concello porá á disposición do evento todos os medios precisos para a difusión e axeitada organización da Marcha en Vigo, e invitou a toda a cidadanía a participar da mesma.

As adhesións á Marcha son numerosas tanto en Galicia como en Vigo, e xa se realizaron outros anos distintas actividades na cidade olívica e outras moitas se realizarán este 2009 nos ámbitos da danza, o deporte, a música, a cultura, a educación, etc.

A Marcha Mundial pola Paz e a Non Violencia comenzará simultáneamente en 120 países, partirá desde Nova Zelanda e rematará o 2 de xaneiro de 2010 na cordilleira dos Andes, en Arxentina. Esta iniciativa procura a desaparición das armas nucleares, a retirada dos territorios ocupdos, a redución progresiva e proporcional do armamento, a sinatura de tratados de non agresión entre países, e a renuncia dos gobernos a utilizar as guerras para resolver os conflitos.

Á Marcha uníronse múltiples organizacións, clubs deportivos, cidadanás, personaxes da cultura, o deporte e a política, tanto a nivel español como internacional.
1238677956marcha1.jpg
1238677970marcha.jpg
Descargar todas as imaxes