Escoitar

Abel Caballero afirmou que Vigo ampliará o orzamento este ano para investimentos nas parroquias

O alcalde deu conta da decisión do Goberno de España de permitir o endebedamento das entidades locais ata o 0'3% do PIB, posibilidade á que Vigo se acollerá para ampliar "a inversión pública ao límite das posibilidades legais", dirixido a mellorar o emprego. Os investimentos se destinarán maioritariamente ás parroquias, segundo adiantou o rexedor.

mércores, 1 abr 2009
1238591727P5050013br.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe mércores que o Concello xa está en contactos co Ministerio de Facenda do Goberno de España para acollerse ao endebedamento máximo do 0,3% do PIB permitido para as entidades locais, investimentos que se dirixirán prioritariamente ás parroquias.

Esta posibilidade representa a segunda fase da autorización de gasto para inversión local, despois de que a primeira, o Plan E, deixara en Vigo 52,2 millóns de euros. Esta segunda etapa, aínda por definir, servirá en Vigo para ampliar o orzamento municipal de 2009 ata acadar os, aproximdamente, 100 millóns de euros de investimentos este ano na cidade, sumando o "Plan Zapatero, os orzamentos municipais e as participacións da Xunta de Galicia.

Abel Caballero xa avanzou que se está a proceder desde o Concello ao desenvolvemento dos proxectos a financiar co endebedamento permitido, que serán prioritariamente nas parroquias; unha "inversión equilibrada en todo o territorio" que procura a mellora dos datos do emprego na cidade e facer cidade.

Conmemoración
O alcalde avanzou asemade que a Xunta de Voceiros xa foi convocada para o pleno extraordinario que se celebrará o próximo venres, 3 de abril, para celebrar os 30 anos de corporacións municipais democráticas.
Descargar todas as imaxes