Santi Domínguez anuncia que Didier Auriol será o piloto convidado no Racing Show dos días 1, 2 e 3 de maio
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, anunciou este mércores que o campión do mundo de rallyes en 1994, Didier Auriol, será o piloto convidado no Racing Show Caixanova. Na presentación do evento, na que tamén participaron o director xeral do Salón do Automóbil, José Enrique Elvira; o representante de Caixanova, Juan José López, e o xerente do IFEVI, Arsenio Prieto, o concelleiro salientou que esta proba se celebrará os vindeiros 1, 2 e 3 de maio no IFEVI no marco do Salón de Automóbil de Vigo.
"Dicía o ano pasado que sería difícil elevar o listón respecto á calidade das figuras participantes, as probas e o público asistente no 2008; pero xa dende que a finais do ano pasado comezamos a manter os contactos coa organización do evento, comprobei que non era nada complexo seguir elevando o listón", sinalou o tenente de alcalde. Santi Domínguez manifestou os seus parabéns á organización do evento, a Caixanova, "polo seu apoio nos acontecementos importantes para a cidade", e ao xerente do IFEVI, "porque se está consolidando como o recinto feiral máis multifuncional e dinámico dos que existen no noroeste español", salientou.
Na súa intervención, o director xeral do Salón do Automóbil, José Enrique Elvira, fixo referenza ás novidades da convocatoria deste ano, que teñen o obxectivo de facer o espectáculo "máis dinámico". Neste sentido, sinalou que o circuito, que se desenvolverá fundamentalmente no pavillón 3 do recinto feiral, contará cun novo trazado, xa que inclúe un tramo exterior e unha pasarela en pendente. Por outra banda, sinalou como segunda novidade que o programa inclúe tamén unha proba de motos, que se celebrará o 3 de maio.
Os días 1 e 2 de maio estarán dedicados exclusivamente as probas de coches, coa participación de catro categorías, os turismos de tracción 4x4, os turismos de tracción dianteira, os turismos de tracción traseira e os clásicos de competición. O venres e o sábado pola mañá terán lugar os adestramentos, mentres que o sábado pola tarde, ás 18.30 horas, será o "prato forte da competición", coa terceira Carreira de Campións Trofeo Caixanova.
O día 3, domingo, estará dedicado sobre todo a motos, aínda que tamén haberá espazo para os coches. Así, pola mañá terán lugar os adestramentos, ás 16.30 horas será o Festival Mercedes AMG, e xa ás 17.30 horas celebrarase a primeira edición do Supermotard Gran Premio Turismo de Vigo. "Esta é unha disciplina moi espectacular, porque se corre sobre un chan deslizante", indicou o director xeral do Salón do Automóbil, quen amosou o seu agradecemento a Caixanova e a Tenencia de Alcaldía, "porque novamente apostou polo deporte".
En representación de Caixanova, Juan José López salientou a honra que supón participar "nun dos eventos do motor máis importantes de Galiza", polo que expresou os seus parabéns aos organizadores. Asemade, anunciou que a entidade sorteará voltas ao circuíto co piloto convidado, quen asinará autógrafos no propio expositor que terá instalada a caixa.
Descargar todas as imaxes