3.000 escolares participaron no programa de educación para fomentar o hábito da lectura
A Concellería de Educación do Concello de Vigo ampliará en maio a tres centros máis o programa "Contarte" de animación á lectura entre a xuventude, que remata este venres e no que xa participaron 3.000 escolares de 23 colexios da cidade.
O obxectivo do programa é achegar aos nenos e nenas o mundo da arte e da literatura para fomentar o hábito da lectura. Durante o período de duración do programa se realizaron obradoiros nos colexios especialmente deseñados para traballar á lectura do conto como un espazo de achega á literatura, á interculturalidade e á creación artística.
O departamento municipal que dirixe a socialista Laura López Atrio iniciou o pasado 9 de marzo esta iniciativa -que remata este venres, 3 de abril-, que repartiu uns 600 libros entre os centros participantes, que terán como destino as bibliotecas e/ou as aulas dos mesmos. "Contarte" ampliarase en maio aos centros García Barbón, Escultor Acuña e Párroco don Camilo.
Xunto cos obradoiros e os lotes bibliográficos, "Contarte" complementou a oferta coa mostra permanente O Gran Libro dos Retratos de Animais, que alberga as dependencias do Instituto Municipal de Educación (IME) ata o vindeiro xoves, 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Obradoiros
Dous dos libros entregados no lote bibliográfico achegado aos colexios deron pe ao desenvolvemento de sendos obradoiros para os escolares nos propios centros.
En Retratarte, a arte e a literatura para os nenos e nenas viu da man do Gran libro dos retratos de animais, obra galardoada co Primeiro Premio ao Libro Infantil Mellor Editado 2007. O obxectivo foi achegalos á arte dun xeito lúdico e diferente, onde eles sentíronse protagonistas xunto cos máis famosos autores da historia da pintura e introducíronse na pel do artista elaborando a súa propia galería de arte.
No obradoiro Soños de Teteira, con suxestións a partir do libro O día en que a mamá se lle puxo a cara de teteira, propúxose aos cativos que experimenten no proceso de transformación dos obxectos, descubrindo novas imaxes e personaxes a partir dun elemento determinado.
Descargar todas as imaxes