O alcalde salienta o papel do capital humano na clausura do Foro Tecnolóxico do Emprego
Abel Caballero pechou hoxe xoves de xeito oficial o IX Foro Tecnolóxico do Emprego, iniciativa do alumnado das carreras técnicas da Universidade de Vigo. Unhas 40 empresas déronse a coñecer aos recén titulados e estudantes de último curso mediante conferencias e presentacións nas facultades.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, clausurou este xoves o IX Foro Tecnolóxico do Emprego, iniciativa das delegacións de alumnos das facultades técnicas da Universidade de Vigo para facilitar o contacto entre os estudantes e as empresas.
Na súa intervención, Abel Caballero salientou o papel do noso capital humano na competitividade das nosas empresas e industrias, máis importante se cabe no actual periodo de crise económica e financeira internacional. Nesta novena edición, unhas 40 empresas se achegaron ás facultades do campus universitario.
Desde a primeira edición de 2001, o Foro ofrece ás empresas na Universidade de Minas a posibilidade de darse a coñecer á familia universitaria a través de actividades como exposicións de stands, conferencias, presentacións, workshops e mesas redondas; co obxectivo de achegar o mundo do mercado laboral aos futuros titulados.
Outra das características do Foro Tecnolóxico é a aplicación das novas tecnoloxías da información para a transmisión das actividades organizadas en tempo real a través de Internet. Ademais construiuse unha ferramenta web para que estudantes e empresas permanezan en contacto continuo durante todo o ano.
Os stands estiveron localizados nas facultades de Minas e Industriais desde o pasado 31 de marzo ata hoxe xoves, onde as compañías contaron cun espazo para recoller currículos, ofertar becas e darse a coñecer. As presentacións de empresas e conferencias, de unha hora de duración, teñen lugar nas Universidades participantes ata mañá venres 3 de abril.
Ademais, editouse e repartiuse gratuitamente unha publicación de 3000 exemplares de tirada aos visitantes do Foro, na que se recolle toda a información xerada no evento: entrevistas, reportaxes de empresas punteiras no sector, resumo dos relatorios, artículos de interese, etc.