Escoitar

Abel Caballero aborda co alcalde de Oporto a relación "absolutamente capital" destas urbes para a eurorrexión

Abel Caballero e Rui Rio mantiveron hoxe xoves un primer encontro de traballo no que abordaron a relación das cidades que vertebran o Eixo Atlantico, e incidiron nos transportes e a comunicación, na investigación e o I+D, no turismo e a promoción conxunta e na análise da situación económica.

xoves, 2 abr 2009
1238678201oporto.JPE
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o seu homólogo na cidade de Oporto, Rui Rio, mantiveron este xoves un primer encontro de traballo para fortalecer a relación entre ambos municipios, "absolutamente capital" para o desenvolvemento do Eixo Atlántico e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Segundo expresaron ambos rexedores no transcurso da reunión, o encontro tratou catro temas principais para as cidades, como son os transportes e as comunicacións; a investigación, a Universidade e o I+D -en especial as ciencias do mar-; o turismo e a promoción e o análise da situación económica das localidades e dos países.

O alcalde de Vigo salientou que, con respecto ás comunicacións, o tema fundamental é o AVE que unirá en 2013 as urbes, "elemento vertebrador social e económico" do territorio e "obxectivo central" para Vigo e Oporto.

No tocante á investigación, os rexedores acordaron por en contacto aos rectores das respectivas Universidades coa finalidade de organizar un encontro sobre I+D e, específicamente, sobre as ciencias do mar. O alcalde de Oporto incidiu ademais na relevancia do coordinar accións de promoción turística conxunta, ratificado por Abel Caballero.

No relativo á situación económica actual, o xeito de enfocar a crise nas cidades centrou as conversas entre os dirixentes locais. O alcalde vigués explicou o proxecto de investimentos locais cos que o Concello de Vigo pretende facer frente ao desemprego e xerar postos de traballo, en especial no sector da construción. O obxecto deste último punto pasaba pola posta en común das ferramentas que adoptan ambas cidades para loitar contra a crise.
Descargar todas as imaxes