Exposición na Casa das Mulleres "Pintando en pastel"

xoves, 6 out 2016

Desde o día 7 de outubro a Casa das Mulleres acollerá a exposición "Pintando en pastel" que recompila os traballos realizados polas alumnas que participaron no 1º obradoiro de pintura en pastel. impartido por Paula Mariño. A mostra poderase visitar ata o día 21 de outubro, de luns a venres, en horario de 17:30 a 21:00h.

Presentación do libro "ELAS" de Aurora Marco e inauguración da exposición que o acompaña

luns, 16 mai 2016

A Concellería de Igualdade organiza ao acto de presentación do libro "Elas" da escritora Aurora Marco, acto que inaugurará a mostra que baixo o mesmo título estará exposta na sala de exposicións da Casa Galega da Cultura desde o día 18 de maio ata o día 19 de xuño. O libro é unha compilación de biografías seleccionadas ad hoc, que permite ter unha visión do papel determinante que tiveron na sociedade do seu tempo as mulleres galegas.

"Cinema e Muller" en Vigo

venres, 11 mar 2016

A próxima semana as mulleres serán protagonistas da man do proxecto "Cinema e Muller", unha proposta multidisciplinar que procura dar visibilidade á creación artística e cinematográfica das mulleres a través de proxeccións, charlas e dunha película colaborativa conformada por dez microcurtas dirixidas por cineastas.