O Concello apoia con 74.000 euros o labor da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos
O rexedor asinou este mércores un convenio de colaboración coa entidade a través do cal financia con 15.000 euros o labor de apoio ás mulleres que realiza a entidade con diferentes programas neste ano 2016.
Abel Caballero e a presidenta da Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo asinaron este mércores o convenio de colaboración para o desenvolvemento da súa actividade de apoio e axuda ás mulleres vítimas da violencia de xénero ao longo de 2016 cun importe de 15.000 euros.
O alcalde salientou que o Concello financia cun total de 74.000 euros o traballo da asociación a través de diferentes acordos de colaboración como mostra do seu "posicionamento firme" contra a violencia machista. Ademais lembrou que Vigo conta cun dos dous centros galegos de emerxencia para atención a mulleres de toda a comunidade financiado "totalmente polo Concello" e demandou maior atención á Xunta de Galicia nesta materia.
Descargar todas as imaxes