Concello e Deputación conveniarán a humanización da estrada provincial
Tras a sinatura dun acordo para a promoción turística a través do aeroporto de Vigo cun importe de 736.00 euros, Abel Caballero e Carmela Silva adiantaron que a Deputación de Pontevedra financiará a humanización da rúa Emilia Pardo Bazán, unha decisión "agardada" e tamén acondicionará os tres sendeiros azuis vigueses, na senda da "cooperación activa" entre ambas institucións.
O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron este mércores un convenio para potenciar os recursos turísticos con medidas de apoio ás actividades de divulgación da oferta turística de Vigo, as Rías Baixas e a provincia de Pontevedra. Cun importe de 736.000 euros para o período 2016-2019 o acordo rexe a colaboración entre ámbalas entidades para contratar os servizos de promoción turística vinculados ás rutas aéreas entre Vigo e Valencia, Palma de Mallorca e Ibiza.
Abel Caballero dixo sentir un "enorme orgullo e unha grande satisfacción" porque estamos facendo "o que a cidade de Vigo quere" cunha cooperación activa para seguir potenciando o aeroporto "que usa a inmensa maioría da cidadanía pontevedresa". Desta maneira, dixo, a Deputación está "involucrada no despegue absoluto" da terminal viguesa e nos "grandes temas da cidade" aludindo a que é o final dunha "etapa histórica" de "abandono" da Deputación a Vigo xa que neste ano "lle dedica máis diñeiro que o señor Louzán nos últimos doce anos" establecendo unha "relación leal con Vigo. Tamén criticou a desatención de Feijóo e da Xunta de Galicia a Vigo.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, considera "fundamental" que a institución se involucre no apoio ao aeroporto como infraestrutura clave para o desenvolvemento do turismo e da economía na provincia, nas Rías Baixas e no sur de Galicia. Ademais aludiu aos investimentos que a institución provincial ten dedicado neste 2016 a Vigo citando o Convenio da UNED de 800.000 euros, o Convenio para humanizacións no rural vigués por un importe dun millón de euros, o acordo de turismo asinado hoxe de 736.00 euros, o apoio ao festival O Marisquiño de 181.000 euros, a contratación da modernización do pavillón do IES de Beade por máis de medio millón de euros, o investimento no Estadio de Balaídos que supera os 6 millóns de euros e no que "seguiremos apostando xunto ao Concello na súa total remodelación", o apoio ao de porte en todas as disciplinas e clubs ao longo deste ano de máis de 2 millóns de euros e o financiamento de actividades de colectivos sociais por un valor de "centos de miles de euros" Así, resumiu Carmela Silva, "levamos investidos millóns de euros neste 2016 na cidade co firme convencemento de que Vigo e a súa área son os grandes núcleos de poboación da economía e do dinamismo de todo o sur de Galicia e de Galicia" polo que "cumprimos coa cidade sen abandonar aos concellos máis pequenos da provincia que tamén reciben máis financiamento que coa anterior Deputación".
Reiterando que a "Deputación agora está na cidade", o alcalde de Vigo avanzou o próximo convenio que asinará o Concello co ente provincial que será a humanización da estrada provincial, a rúa Emilia Pardo Bazán con cargo á Deputación, algo polo que "levamos medio século agardando". Tamén adiantou novos investimentos en Vigo da Deputación a través dun novo convenio para "adecentar os sendeiros azuis" que son tres: a Senda Litoral do Monte da Guía, a Senda entre os Faros das Illas Cíes e a senda do río Lagares "de uso masivo na cidade".
Descargar todas as imaxes