O Festival Sinsal outono levará propostas musicais exclusivas ao Auditorio Municipal, ao MARCO e á Casa das Artes
O próximo xoves 29 de setembro arranca no Auditorio Municipal a décimo cuarta edicion do Festival Sinsal outono, que esta ano contará con catro actuacións. O Concello, una vez máis, coopera cun evento musical con propostas musicais exclusivas que se escoitarán noutros espazos municipais como o MARCO ou a Casa das Artes.
O Concello colabora un ano máis con Sinsalaudio na programación do Festival Sinsal que chega xa á súa décimo cuarta edición. O certame contará neste outono con catro concertos que celebrarán en distintos espazos municipais, como o Auditorio Municipal do Concello, o MARCO e maila Casa das Artes, entre o 29 de setembro e o 2 de novembro.
Durante a presentación, o concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, reiterou a vontade do Concello seguir a apoiar este festival porque implica "unha maneira de entender a música que nace do amor á mesma, da curiosidade, da necesidade de investigar máis alá dos puntos cardinais establecidos, tanto desde un punto de vista xeográfico como estético. Que nace dun enorme respecto polo músico e polo público". Ademais, engadiu, ten unha preocupación especial na relación co territorio como parte que son do seu tecido cultural, convencidos de que a música e a cultura son un factor fundamental de desenvolvemento social, cidadá.
O evento sorprenderá de novo con propostas exclusivas en Galicia e artistas que difícilmente poderían disfrutarse sen plataformas como este festival, casos de Lloyd Cole, Derek Gripper ou Paddy Steer.
Descargar todas as imaxes