O Goberno vigués destina 20 millóns de euros en catro anos ao servizo de axuda no fogar
A Xunta de Goberno Local deu o visto bo á clasificación de ofertas da contratación deste servizo de dependencia e tamén ao convenio de colaboración coa Asociación de Veciños Novo Vigo para financiar con 5.000 euros o aluguer do seu local e ás subvencións para entidades de carácter social por un importe de 50.000 euros. <br />
Abel Caballero informou hoxe da aprobación por parte da Xunta de Goberno Local da clasificación de ofertas no expediente de contratación do Servicio de Axuda no Fogar para os próximos catro anos ao que o Concello destinará "case 20 millóns de euros" a este fin, incrementando a cobertura a 100 persoas máis, segundo as previsións municipais. Ata agora estaban sendo atendidas entre 800 e 900 persoas.
Asegurou o rexedor que Vigo é o municipio coa "política social máis importante de España" sendo o Servizo de Axuda no Fogar unha mostra da súa acción en materia de dependencia, xa que ofrece atención no propio domicilio para facilitar o desenvolvemento das persoas no seu medio habitual.
Ademais, a Xunta de Goberno Local deu o visto e prace ao proxecto de convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación de Veciños Novo Vigo para o fomento de actividades da entidade no ano 2016 mediante o financiamento do aluguer do seu local social para o ano 2016 cun importe de 5000 euros. O alcalde manifestou que a cooperación municipal coas asociacións veciñais é "moi activa" de xeito que, arestora, cobre "ben cedendo ou pagando, todos os locais de todas as da cidade".
Quedaron aprobadas tamén as subvenciones a entidades e asociacións de carácter social, sen ánimo de lucro para a realización de actividades do ano 2016 cun importe de 50.000 euros.