Escoitar

Presentación do libro "Letras escarlata. Estudos sobre a representación da menstruación"

Este mércores, 5 de outubro, ás 19:00h, no Centro de Documentación Feminista, terá lugar a presetación do libro "Letras escarlata. Estudos sobre a representación da menstruación" Teresa Bermúdez Montes, Mônica Heloane Carvalho de Sant'Anna (eds.)

martes, 4 out 2016
1475574854letraescarlata.jpeg
Os ensaios reunidos en Letras escarlata consideran novas maneiras de representar o corpo (en)feminino a través do imaxinario colectivo simbólico, literario e cultural contemporáneos. Como se subverten os modelos e códigos patriarcais no ámbito da comunicación e as artes? Que cambios sociais e ideolóxicos sustentan este cambio de paradigma?

Estas cuestións problemáticas abórdanse desde diferentes áreas científicas, desde a antropoloxía e a filosofía aos estudos literarios e culturais e ámbitos lingüísticos, co obxectivo de abrir novas vías de reflexión desde unha perspectiva dos estudos de xénero.
Descargar todas as imaxes