Eroski colabora co Concello no "Camiño a Camiño" achegando máis de 15.000 euros
O alcalde e responsables de Vegalsa- Eroski asinaron este martes un convenio de colaboración mediante o cal o grupo empresarial financia con máis de 15.000 euros sete rutas deste programa municipal de sensibilización e educación ambiental que organiza percorridos por contornas naturais do concello e da contorna.
O convenio asinado esta mañá por Abel Caballero e responsables de Eroski compromete a achega de 15.000 euros (máis o IVE) para colaborar co programa municipal Camiño a Camiño, que fomenta a sensibilización e educación ambiental de forma activa con percorridos por espazos e sendeiros naturais con actividades divulgativas e formativas.
Así, o grupo empresarial Eroski asumirá o custo das sete rutas por Vigo e a comarca que se inclúen na undécima edición deste programa e que se realizarán os días 9, 16, 23 e 30 de outubro e os días 6, 13 e 20 de novembro por serras da contorna viguesa, sendeiros locais e tamén no Faro de Avión-Serra do Suído.
Para o rexedor o "Camiño a Camiño" é un programa de gran éxito para "vivir a natureza" no que o ano pasado participaron arredor de 6.000 persoas e cuxa inscrición pode facerse a través do teléfono 010 de información municipal.
Descargar todas as imaxes